CRTVG

Buscar

A Pastoriza organiza un curso para reaprender a conducir de forma segura

Publicado o 21/07/2019 11:49

Aínda que moitas veces non sexamos conscientes, case todos temos malos hábitos ao volante. Esta fin de semana na Pastoriza organizouse un curso para ensinarlles aos asistentes a practicar unha condución seguro e asistiron a el mesmo persoas doutras comunidades autónomas.

Veñen de Asturias, Cáceres, León ou Madrid para que neste circuíto lles aprendan a conducir ben, con seguirdade, de tal xeito que poidan interiorizar as respostas axeitadas por se se ven nun apuro ao volante.

Ao facer as prácticas, cada un dos irmáns vai no seu coche polo circuíto, o mesmo có resto dos alumnos, tratando de corrixir os erros. Algúns tamén asisten ao curso para perfeccionar técnicas

O prezo dun curso intensivo de condución segura dun día ronda os 300 euros.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/07/2019