CRTVG

Buscar

A Pastoriza, no nivel alto de restricións a partir do vindeiro luns

Publicado o 02/05/2021 13:09

A orde do 30 de abril especifica que A Pastoriza entrará nun nivel de restricións alto.
Na hostelería vívese con resignación. Só poderán atender nas terrazas á metade da súa capacidade e cun máximo de seis persoas por mesa.

A Pastoriza é o único concello da provincia de Lugo que pasa a un nivel de restricións alto.
Xa na primeira vaga tiveran unha situación moi mala a raíz dos moitos contaxios que houbera na residencia de Bretoña. Desta volta, segundo nos conta o alcalde, os contaxios concéntranse na zona sur do concello.

"É un tema moi serio, non podemos afrouxar para nada as precaucións, porque calquera momento, calquera de nós pode padecer esta terrible enfermidade", indica Primitivo Iglesias, alcalde do municipio.

A Pastoriza ten case 3.000 habitantes. Hoxe hai menos de 10 positivos, e un deles está na UCI.

"Pode pasarlle a calquera, pero non nos damos conta e ás veces descoidámonos", di o rexedor.

A incidencia acumulada neste concello supera os 250 casos por cada 100.000 habitantes.