CRTVG

Buscar

A Pastoriza mestura a formación coa paixón na cuarta proba da Challenge Moto Race

Publicado o 19/06/2019 17:33

E este é o circuíto da Pastoriza en Lugo. Aquí se disputou a cuarta proba puntuable da Challenge Moto Race. Puntuable para o galego de minivelocidade e para o Campionato Asturiano de Velocidade.

Oitenta e cinco pilotos galegos, asturianos, casteláns e cántabros. Unha festa con moito publico nas cunetaS. En minimotos segue impoñéndose a destreza do moañés Edu Torres. En minivelocidade triunfa Manuel Davila.

Nas motos clásicas exhibíronse Iván Santiago e o asturiano Méndez.

Xornadas de éxito, ademais para o piloto de Caldas de Reis, Marco Díaz, que lograba a súa primeira vitoria da temporada. En supermoto mantén a hexemonía Juancho Romero.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/06/2019