CRTVG

Buscar

A pasteira portuguesa Altri pensa en Cervo para instalar unha planta de fibra téxtil

Publicado o 11/10/2021 21:54

A multinacional portuguesa Altri estuda instalar unha fábrica na Mariña. Sería un planta para transformar residuos forestais en fibra téxtil. O proxecto contempla a creación duns dous mil postos de traballo e financiaríase cos fondos europeos.

O polígono de San Cibrao é un dos emprazamentos que a multinacional portuguesa Altri baralla para instalar unha fábrica de fibras téxtiles sostibles. Hai moitos candidatos para a súa instalación, pero a Mariña ofrece a súa riqueza forestal. "Temos a materia prima, fáltanos o valor engadido, unha industria secundaria que lle de valor e permita asentar poboación xa que falamos de máis de 1.500 postos de traballo" di Francisco Cajoto, presidente da mancomunidade de municipios da Mariña.

O proxecto xera ilusión e esperanza. A comarca está á espera da resolución dos eres en Alcoa e Vestas, que ameazan máis de mil empregos.
A planta sería cofinanciada cos fondos europeos Next Generation, destinados a reparar os danos económicos causados pola pandemia.

Noticias web

11/10/2021