CRTVG

Buscar

A partir do luns xa se pode facer a declaración da renda nas oficinas de Facenda

Publicado o 04/06/2020 20:51

Será o vindeiro luns día 8 cando xa se poida presentar a declaración da renda en persoa. A cita pódese pedir desde mañá. Pero en Facenda avisan: as medidas de seguridade só permitirán atender a metade da afluencia habitual. Por iso, recomendan usar o servizo de atención telefónica “Chamámolo”.

Lembremos que o remate da campaña non cambiou: segue sendo o 30 deste mes. Ata hoxe, Facenda xa lle devolveu en Galicia máis de 246 millóns de euros a algo máis de 765.000 contribuíntes, o 4% máis que o ano pasado e o 75% de todas as declaracións con dereito a devolución.

Noticias web

04/06/2020