CRTVG

Buscar

A partir do luns vai restrinxirse a mobilidade de 858 mil persoas polo coronavirus

Publicado o 19/09/2020 15:05

A comunidade na que se rexistran os datos máis preocupantes é a madrileña. A partir do luns vai restrinxirse a mobilidade de 858 mil persoas polo coronavirus. Moitos son dos barrios do sur da capital e outros de concellos lindantes. As autoridade sanitarias pídenlles aos cidadáns que estean nas súas casas o maior tempo posible.

Antes a situación de emerxencia sanitaria, desde o luns van realizarse controis aleatorios para facer cumprir as restriccións. Os veciños da zonas afectadas so poderán saír á rúa para ir ao traballo, ao médico, ao colexio ou para mercar produtos de necesidade básica. Na rúa, os madrileños recibiron estas novas medidas con variedade de opinións.

 

Noticias web

19/09/2020