A partir do luns permítese a mobilidade entre as catro provincias galegas
Publicado o 06/06/2020 14:44

E segundo confirma outra orde, publicada tamén este sábado no BOE, Galicia chegou a ese acordo. Este luns entra na fase tres como unidade territorial única polo que a vindeira semana xa vai ser posible a mobilidade entre as catro provincias galegas.
Na mesma orde, modifícanse algunhas das medidas relativas a esta nova etapa. Unha das máis salientables é a apertura dos bares de ocio nocturno e as discotecas cun terzo de ocupación. Iso si, as pistas de baile permanecerán pechadas. Do mesmo xeito, as instalacións taurinas retoman a actividade e os trens e autobuses públicos xa poden utilizar o total das prazas dispoñibles.