CRTVG

Buscar

Primeiro día laboral coa obriga de fichar á hora de entrar e saír do traballo

Publicado o 13/05/2019 08:52

 Control telemático, aplicación móbil, xeolocalizador, fichaxe manual, lector de pegada ou acceso a través de tornos. Calquera sistema é válido para rexistrar a hora de entrada e a de saída do persoal. A partir deste domingo, todas as empresas teñen que facelo de xeito obrigatorio. A medida pretende garantir o cumprimento da xornada establecida por convenio ou por lei.As multas establecidas van dende os 626 euros ata os 6.250 e aplícanse por empresa, non por persoa. Inspección de Traballo poderá pedir os rexistros horarios a partir deste luns. As empresas deben conservalos durante catro anos e poñelos a disposición do persoal e dos sindicatos cando os reclamen. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019

Máis sobre actualidade

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13