CRTVG

Buscar

A partir do luns esíxense PCR aos viaxeiros procedentes de países considerados de risco

Publicado o 22/11/2020 16:35

Este luns España comeza a pedir probas PCR negativas a todos os viaxeiros que procedan de zonas de risco. Non só aos estranxeiros, tamén aos cidadáns españois que regresen desde outros países. Na lista dos territorios considerados de risco, que se actualiza cada quince días na páxina web do Ministeiro de Sanidade, figuran uns 60 países.

"Creo que é unha medida que pode evitar máis contaxios, favorecer o turismo, mantendo a xente que poida seguir vindo pero evitando que se siga propagando o virus", di un viaxeiro.

"Todas estas medidas o que producen é que a xente se retraia máis e non saia", afirma outro.

"Se os expertos din que esa medida é boa, paréceme ben; se din que non, non. Hai que escoitar sempre os expertos", engade unha viaxeira.

Na maioría dos aeroportos habilitaron máis salas para realizar todos estes trámites e os tests que sexan necesarios. Porque os viaxeiros que non dispoñan dunha PCR, ademais de que poden ser sancionados, terán que someterse a un test de antíxenos no propio aeroporto. Se dá postivo, activaranse os protocolos de alerta para derivalo a un centro sanitario.

"Vai haber menos voos, menos xente, este voo estaba cheo". "Eu tamén cambiei o voo para evitar porque ninguén estaba preparado", explica un home.

Os pasaxeiros con PCR negativa tamén terán que facer un test rápido de antixenos se os controis de temperatura detectan algún síntoma ou sospeita de covid−19.
 

 

 

Noticias web

22/11/2020