CRTVG

Buscar

A partir do 2040 non se comercializarán coches de combustión

Publicado o 19/05/2020 21:44

Adeus aos coches contaminantes. Ao tubo de escape contaminante, á gasolina, ao diésel ou mesmo aos híbridos que levan un motor de combustión para xerar electricidade. A partir do ano ano 2040 serán eliminados do mercado. Dez anos máis tarde, no 2050, da circulación. Todo, cun obxectivo claro.

A norma, en consonancia coas políticas europeas, tamén impulsará iniciativas para que os coches de combustión -excepto os vehículos históricos -reduzan de aquí a 2040 as súas emisións. Plantea medidas dentro dun marco progresivo de descarbonización que abra novas oportunidades de negocio no sector, incluíndo o I+D+i, e que vaia introducindo o coche eléctrico.

Un horizonte a priori distante, 2050, pero con moito traballo polo camiño, para que nese ano o parque móbil de ESpaña sexa libre de emisións de CO2.



 

 

Noticias web

19/05/2020