CRTVG

Buscar

A partir deste martes, xa se poden solicitar as viaxes do Imserso

Publicado o 24/06/2019 21:13

A partir de mañá, o que o desexe e cumpra os requisitos, xa se pode apuntar ás viaxes do Imserso para a temporada 2019/20. O prazo estará aberto ata o 10 de xullo e os que xa viaxaran a temporada pasada non teñen que cubrir nova solicitude. O Imserso remitiralles un impreso en que xa figuran os datos persoais e a preferencia da modalidade da viaxe. Só deberán remitila ao Imserso os que queiran modificar algún deses datos.

En caso de que acceda por primeira vez ao programa, terá que formalizar a solicitude vía Internet, por correo ordinario ou presencialmente nos Servizos Centrais do Imserso.


















 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019