CRTVG

Buscar

Desde este luns entra en vigor o permiso de paternidade de oito semanas

Publicado o 01/04/2019 21:47

E os pais dos nenos nacidos a partir de hoxe van dispor dun permiso de paternidade de oito semanas, tres máis que ata agora. As dúas primeiras semanas deberán desfrutarse de forma ininterrompida tras o parto, e as seis restantes deberán collerse antes de que o fillo cumpra un ano. O permiso é retribuído ao 100 por cento e instransferible, tal e como recolle o decreto lei para a iguladade de trato e oportunidades aprobado polo Goberno. Con todo, a súa continuidade depende de que sexa validado pola Deputación Permanente do Congreso.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/04/2019