CRTVG

Buscar

Os usuarios da AP-9 botan as contas dos descontos: ata 12 euros entre Tui e Ferrol

Publicado o 12/04/2021 15:27

Tres meses antes de que comecen a aplicarse os descontos na AP-9, os usuarios fan cálculos sobre o aforro nos traxectos. Por exemplo, percorrer esta autoestrada de principio a fin, é dicir, entre Tui e Ferrol suporá unha rebaixa de algo máis de 12 euros.

É indispensable o dispositivo de pagamento para a plicación de todos os descontos nos traxectos da AP-9. As viaxes de volta no día serán de balde durante todos os días da semana e os que fagan 20 viaxes ao mes terán un desconto adicional do 20 por cento. 

Cantas máis viaxes, máis aforro. Por exemplo, por percorrer a AP-9 desde Tui a Ferrol cinco días á semana as catro semanas do mes pagaremos 356 euros, lonxe dos 700 actuais. 

Nos traxectos entre Ferrol e A Coruña o aforro por día será de case 4 euros; entre Vigo e A Coruña, de case dez, e entre Santiago e Vigo, de catro euros e medio. Onde máis se notará a modificación das taxas será no traxecto entre Vigo e Redondela, que será de balde na súa totalidade. 

A eliminación da peaxe é unha vella reivindicación dos veciños desta zona. As rebaixas nas peaxes farán que esta autoestrada sexa máis barata que o tren e o autobús. 

 

 

 

 

Noticias web

12/04/2021