CRTVG

Buscar

A partir de febreiro deberemos facer dobre autorización para os pagos con tarxeta

Publicado o 02/02/2021 17:12

Febreiro trae novidades nos pagos con tarxeta en Internet. Para facelos máis seguros, unha nova norma europea obriga a que o usuario faga unha dobre verificación da súa identidade nas compras superiores aos 30 euros.

Para facer compras en Internet superiores aos 30 euros agora temos que verificar a nosa identidade dúas veces, a chamada autentificación reforzada. Para facelo, ademais de clásico contrasinal deberemos introducir o código de seguridade que chegue ao noso teléfono móbil ou ben, unha terceira opción, identificarnos coa impresións dixitais ou de recoñecemento facial.

Este mesmo proceso de seguridade será necesario para acceder á banca electrónica e nalgunhas compras dos comercios físicos. O obxectivo é evitar a fraude e mellorar a seguridade das nosas compras con tarxeta.

Noticias web

02/02/2021