CRTVG

Buscar

A partir de agora será obrigatorio pagar as bolsas de plástico, cuxo prezo é variable

Publicado o 02/01/2018 08:52

Coa chegada do novo ano entra en vigor a lei que obriga a pagar polas bolsas de plástico, xa sexa nun comercio pequeno ou nun supermercado. A súa contía variará entre os cinco ou os trinta céntimos dependendo da súa calidade. Este decreto ponse en marcha para tentar reducir a contaminación que provoca o plástico.

Entramos no supermercado a facer a compra do día. Collemos queixo, carne ou pan, e dirixímonos á caixa. Como levamos todo isto? En bolsas de plástico. Pois saiban que a partir de agora van ter que pagalas, sexa un comercio pequeno ou grande, o real decreto do Goberno incorpora ao ordenamento xurídico a directiva comunitaria para reducir o consumo de bolsas de plástico en toda a Unión Europea.

A primeira medida é a de realizar un cobro, que oscilará entre os cinco e trinta céntimos dependendo das caracteristicas do plástico da bolsa. Esta decisión non é a mellor para os pequenos comerciantes. A nova norma busca disuadir o cidadán da utilización da bolsa de plástico. Moitos xa tomaron conciencia hai tempo.

No 2014 utilizáronse en España máis de 6.700 unidades, unhas 144 por persoa. Con esta normativa, incentivarase a redución do seu consumo, a reutilización da bolsa e, cando non sirva para máis, a súa reciclaxe.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/01/2018