CRTVG

Buscar

A participación no País Vasco descende con respecto ás autonómicas do 2016

Publicado o 12/07/2020 13:44
A participación no País Vasco descende con respecto ás autonómicas do 2016

O País Vasco celebra tamén eleccións autonómicas con medidas de seguridade estritas para evitar contaxios. A xornada estase a desenvolver con normalidade. O candidato do PNV que aspira á reelección votaba en Durango. Íñigo Urkullu animaba á participación apelando á seguridade.

A participación en Euskadi ás doce do mediodía foi do 14,1%, un 1,3% inferior aos comicios de 2016.
Xornada electoral atípica tamén en Euskadi, con estritas medidas de seguridade. Preto dun millón 800 mil vascos están chamados ás urnas para elixir os 75 parlamentarios.