CRTVG

Buscar

A parroquia viguesa de Bembrive celebra a romaría do San Brais

Publicado o 03/02/2019 21:57

É unha das romarías máis multitudinarias de Vigo e ata o sol de inverno non quixo perdela. A fama do santo de sandar os padecementos da gorxa atrae milleiros de fregueses.

Ademais dos rezos, os romeiros de todas as idades cumpren con outra tradición imprescindible, a de acompañar un cocido cun grolo de viño. Todo sexa, claro está, por recobrar a saúde.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/02/2019