CRTVG

Buscar

A parroquia rural de Somao, no concello de Pravia, premio á aldea exeplar de Asturias 2020

Publicado o 17/10/2020 19:22

A familia real entregou esta mañá o premio aldea exemplar de Asturias 2020 á parroquia rural de Somao, no concello de Pravia. Cumpriron a tradición de entregar este premio o día seguinte a presidir en Oviedo a cerimonia dos Premios Princesa de Asturias.

Este ano por mor da pandemia, controláronse os accesos para impedir desprazamentos. Polo que só os veciños de Somao asistiron a este acto no que o rei resaltou o valor da unidade e a solidariedade ante as dificultades. Tamén a princesa Leonor defendeu o esforzo colectivo para superar a crise


 

Noticias web

17/10/2020