CRTVG

Buscar

A parricida de Almería acababa de perder a custodia do seu fillo

Publicado o 11/10/2019 20:43

Os veciños de Alcolea vían dende hai tempo que o pequeno Sergio non estaba ben coidado. Este pasado luns, un xulgado decidira concederlle a custodia do cativo ao seu pai. Pero a xustiza non chegou a tempo. O neno estaba aínda coa nai porque a sentenza estaba en fase de notificación. Hoxe houbo concentracións en Alcolea e El Ejido en memoria do neno asasinado. Antonio Ocaña Alcalde de Alcolea (Almería) "Está toda a vila aquí ou parte porque foi espontáneo, está todo o mundo consternado e estamos nunha nube que non cremos aínda o sucedido"

A nai do rapaz, e suposta asasina, está detida á espera de pasar a disposición xudicial.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/10/2019