CRTVG

Buscar

A parella que se agrediu mutuamente en Vigo deberá cumprir 46 días de traballos comunitarios

Publicado o 10/09/2019 20:08
A parella que se agrediu mutuamente en Vigo deberá cumprir 46 días de traballos comunitarios

A muller que acoitelou o seu mozo en Vigo tras ser agredida por el foi condenada a 46 días de traballos en beneficio da comunidade. O home tamén cumprirá a mesma pena, despois de que os dous recoñecesen ser autores dun delito de lesións no ámbito da violencia de xénero. Ambos os dous terán a mesma pena: 46 días de traballos sociais, a prohibición de achegarse ao outro membro da parella durante 16 meses, e a privación do dereito á tenza de armas.

A muller acoitelara o home nunha perna e nun brazo, despois de que este a losqueara e a golpeara. A agresión foi presenciada por 6 nenos que estaban no domicilio. O xulgado xa puxo o caso en coñecemento de Protección de Menores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí