CRTVG

Buscar

A parella do suceso de Teruel tivo unha forte discusión na véspera do crime

Publicado o 08/08/2019 21:15

No concello de Andorra, en Teruel, sucéndense as concentracións de respulsa polo crime machista rexistrado onte á tarde. A última foi hai unha hora. O autor do crime matou o fillo de 16 anos e deixou ferida de gravidade á muller, que segue ingresada na UCI do hospital de Zaragoza. Despois suicidouse saltando dun cuarto andar. O Concello decretou tres días de loito oficial.

A muller acoitelada polo seu home en Andorra segue ingresada na UCI do hospital Miguel Servet de Zaragoza en estado moi grave. Chámase Gema e ten 39 anos. Segundo explicaron desde a Delegación do Goberno en Aragón, o martes a parella tivo unha discusión moi forte.

Ese día, a muller decidiu abandonar o domicilio familiar. O fillo, un rapaz de 16 anos, marchou con ela. Pero o mércores os dous volveron á casa. Horas despois, os veciños chamaban á Garda Civil porque un home acababa de botarse pola fiestra. Os axentes atopárono moribundo no chan, e na vivenda descubriron o cadáver do menor con numerosas coiteladas, e á muller ferida de gravidade.

Os veciños cren que o rapaz puido interpoñerse entre o pai e a nai para defendela. A autopsia do cadáver podería aclarar se foi asi. É o terceiro menor vítima da violencia machista este ano e o número 30 desde 2013.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019