CRTVG

Buscar

A disposición xudicial os detidos por enterrar vivo un home

Publicado o 04/10/2019 21:19

A Garda Civil rexistrou unha nave que tiñan os detidos na localidade zaragozana de Pedrola, onde vivían. Aqui localizaron obxectos persoais da vítima, José Antonio Delgado, de 54 anos, e doutras dúas máis. Tamén había coches, armas, evidencias biolóxicas, dispositivos electrónicos e numerosos indicios das estafas.

Segundo descubriu a Garda Civil en colaboración coa Ertzaintza, José Antonio viaxou desde Getxo a Zaragoza enganado pola muller, que lle prometeu manter relacións sexuais. Pero a parella matouno, vendeu o seu coche a través de Internet e despois dedicouse a sacar diñeiro da conta do falecido en caixeiros automáticos.

A familia denunciou a desaparición o 9 de setembro. O seu cadáver apareceu o pasado venres 27, enterrado a oito quilómetros de Pedrola. A autopsia revelou agora que o enterraron vivo. Tiña terra nos pulmóns.
Segundo a Garda Civil, a parella é moi violenta. Polo menos noutras tres ocasións cometeu roubos deste tipo.

Despois deixaban as vítimas abandonadas, atadas e coa cabeza tapada en lugares solitarios.
Este sábado pasarán a diposición xudicial e o máis probable é que o xuíz os envíe a prisión.



 

Noticias web

04/10/2019