CRTVG

Buscar

A paralización temporal do ere de Alcoa, á espera de sentenza

Publicado o 28/10/2020 21:47

Á espera de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dite sentenza sobre a paralización temporal do ere de Alcoa que piden os traballadores.

Na vista, a multinacional alegou para non parar os despedimentos "perdas severas e recorrentes" e acusou os gobernos de parcialidade e de ir contra a propiedade privada e a liberdade de empresa. Os traballadores concentráronse ás portas da factoría de San Cibrao durante a vista. Din que están seguros de que a xustiza concederá a suspensión cautelar do ere, pero insisten en que a solución é política.

"Os ámbitos en que ten que rexer a solución a este problema son os políticos e sociais. O que non se pode é deixar nas mans dun xuíz unha decisión de pais de se se fabrica ou non aluminio primario", di José Antonio Zan, presidente do comité de empresa de Alcoa San Cibrao.

Noticias web

28/10/2020