CRTVG

Buscar

A parálise na construción fará demorar a chegada do AVE a Galicia

Publicado o 30/03/2020 14:58

Son as obras da estación intermodal de Santiago. Deberían estar a pleno rendemento xa que teñen que estar rematadas no verán pero hoxe xa non había actividade. É unha imaxe que se repite por toda Galicia. Guindastres e maquinaria parada. O único movemento o dos que traballaban para asegurar a obra.

Dende o sector afirman que dedicaron as dúas úlitimas semanas a implementar medidas de seguridade, como xornadas intensivas ou novos protocolos de desprazamento, para garantir a seguridade e continuar coa producción. Temén agora as consecuencias desta paralización total.

O futuro, din, depederá do tempo que dure esta parálise. O sector da construción en Galicia dá traballo directo a 100.000 persoas.

Noticias web

30/03/2020