CRTVG

Buscar

A pandemia triplica o número de voluntarios

Publicado o 25/05/2020 21:35

Alejandra, Aitor e Pablo levan 2 meses colaborando como voluntarios coa Cruz Vermella de Lugo. 3 días á semana dedican o seu tempo a axudar os colectivos máis vulnerables.

Coma eles, outros 600 novos voluntarios sumáronse durante a pandemia en Galicia ao programa Cruz Roja Responde fronte á COVID 19, un programa que atendeu en Galicia máis de 56.000 persoas durante esta crise.

Os 3 coinciden en que o voluntariado lles serviu parar coñecer unha realidade ás veces oculta.

Os datos do Observatorio do Voluntariado recollen que o número de voluntarios se triplicou durante a pandemia.

As asociacións coinciden en que o labor dos voluntarios vai ser fundamental para afrontar a situación que deixará tras de si a pandemia da COVID-19.


 

Noticias web

25/05/2020