CRTVG

Buscar

A pandemia revive a tradición das cestas de Nadal

Publicado o 30/11/2020 16:00

Este ano toca manter distancia de seguridade cos compañeiros e cos xefes. Cancélanse as grandes ceas de empresa e para agasallar os empregados son moitos os que recuperan a tradición da cesta.

"Como non van poder facer unha cea cos empregados, están pedíndonos agasallos", explica Cristina Rivas, do Cátering Amirez. De feito, destaca Rivas, "están sendo incluso máis xenerosos que noutros anos".

Viño, embutidos e doces son os produtos que máis se repiten nunhas cestas pensadas para agradecer o esforzo dun ano especialmente complicado. Tamén para agasallar os familiares que quedarán fóra da mesa este ano. "Estase notando que a xente a nivel particular prefire a calidade", di Rivas.

Moitas cestas chegarán ao domicilio. Os ERTE, o teletraballo e as restricións, obrigan a optar por esta fórmula nun ano en que todo cambia, menos as ganas de quentar o estómago e o corazón cos mellores manxares.

Noticias web

30/11/2020