CRTVG

Buscar

A pandemia reduce o número de peregrinos e obriga a reformular o Xacobeo

Publicado o 25/09/2020 14:23

Non é a imaxe habitual. Ás portas do Centro de Acollida de Peregrinos de Santiago apenas hai xente. Aínda así, en plena pandemia, hai quen non renuncia a facer o Camiño.

Lonxe do milleiro habitual noutros anos, esta oficina recibe unha media diaria de 400 peregrinos que, baixo medidas de seguridade e hixiene, acoden selar a súa compostela. Cifras atípicas provocadas por unha situación de pandemia que tamén obriga a reformular o Xacobeo.

Cunha posible prórroga aínda no aire, o de 2021 será un Xacobeo con actos máis pequenos pero máis numerosos. Unha reformulación que se enmarca no plan estratéxico da década xacobea, co que a Xunta quere darlle ao ano santo unha orientación a longo prazo, abarcando tamén os xacobeos de 2027 e 2032.

Noticias web

25/09/2020