CRTVG

Buscar

A pandemia recrúa a crise económica na Arxentina

Publicado o 24/06/2020 20:02

A economía arxentina afundiuse aínda máis no primeiro trimestre do ano, xusto antes da instauración do illamento obrigatorio polo coronavirus. Unhas cifras que volven confirmar a grave crise económica que atravesa o país austral dende 2018.

Datos económicos moi preocupantes no primeiro trimestre de Alberto Fernández como presidente da Arxentina.

A economía caeu un 5,4 % nos primeiros tres meses do ano, mentres que o desemprego avanzou ata o 10,4 % no mesmo período.

Estas cifras non teñen en conta os peores meses da pandemia. De feito, moitas actividades seguen suspendidas na capital e na provincia de Bos Aires, centros económicos do país.

Alberto Fernández, presidente de Arxentina: "Non quero precipitar as cousas, porque nestas condicións non podemos, porque o risco de contaxio é moi alto".

As Nacións Unidas xa alertou dunha caída da economía arxentina de entre un 8,2 e un 10 % para este ano.

 

Noticias web

24/06/2020