CRTVG

Buscar

A pandemia obriga a cancelar por segundo ano consecutivo a Feira Franca de Pontevedra

Publicado o 17/08/2021 20:59

E un ano máis, segundo consecutivo, a cidade de Pontevedra non celebrará a súa tradicional Feira Franca.

Tras facer unha análise da situación actual da pandemia e as últimas restricións dende o concello pensan que non existe a posibilidade de deseñar unha romaría alternativa e manter a esencia da feira sen incumprir as medidas sanitarias.

Por iso, e a pesar de que aínda quedan tres semanas para a data en que adoitaba celebrarse esta festa medieval, optouse pola cancelación do evento.

Noticias web

17/08/2021