A pandemia obriga a adiar de novo os actos de celebración das Letras Galegas
Publicado o 31/10/2020 20:22
Este sábado tería que celebrarse o Día das Letras Galegas, adiado desde o 17 de maio, cando a primeira vaga da pandemia desaconsellaba celebrar os actos para festexalo.Estaba previsto un pleno extraordinario dedicado a Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano nas nosas letras, pero a situación sanitaria fixo que novamente tivera que aprazarse. O acto queda posposto ata coñecer como evolucionan os datos da pandemia.