CRTVG

Buscar

A pandemia muda o xeito de viaxar: máis turismo de proximidade e en alugueiros vacacionais

Publicado o 25/03/2021 15:19

A covid non quitou as ganas de viaxar, pero mudou o xeito de facelo. Primeiro porque, á forza ou non, quedamos máis cerca. Medra o turismo de proximidade e medra a demanda de casas de vacacións.

Preferimos os alugueiros mellor que os hoteis. "Medrou moito a demanda de casas", di Josina Silva, xerente dunha inmobiliaria en Sanxenxo. "Tamén hai moita demanda de piso con terraza, estamos cambiando o chip", engade.

O mesmo opina o administrador do portal TuCasaEnGalicia, Roberto Piñeiro: "A xente busca vivendas unifamiliares, non compartir instalacións, nin piscinas nin barbacoas".

Búscanse zonas rurais, e de costa pouco masificadas, e por iso Galicia está entre os destinos favoritos. "Sobre todo as Rías Baixas" di Piñeiro. Tamén "Santiago, A Coruña ou a Costa da Morte" pero, insiste, "as Rías Baixas son o máis solicitado". E nelas, Sanxenxo segue en auxe.

"Estamos vendo novos clientes, que non viñeron nunca", di Silva, xerente da inmobiliaria Tovar. E advirte: se queren alugar casa para agosto en Sanxenxo, máis vale bulir coa reserva.

 

Noticias web

25/03/2021