CRTVG

Buscar

A pandemia muda a forma de viaxar, turismo sostible e sen aglomeracións

Publicado o 05/11/2020 15:07

As viaxes turísticas, tal e como as coñecemos, non serán iguais despois da pandemia. Os expertos do sector falan dun antes e un despois do coronavirus, con moitos cambios na forma de coñecer mundo.

Semella que non hai virus que apague a nosa sede viaxeira. Din os expertos que, cando remita a pandemia, volveremos viaxar, pero non da mesma maneira.

Algúns apuntan que será un turismo máis sostible, lonxe das aglomeracións prepandemia. No que todos concordan é en que buscaremos máis seguridade e flexibilidade nas cancelacións.

O coronavirus provocou perdas millonarias e o peche de moitas axencias. Terán que reinventarse, pero é posible que o seu papel sexa máis necesario ca nunca nos próximos anos.

Mentres non é aconsellable viaxar, este axente coruñés convídanos a soñar con destinos futuros nos portais 'olamundo' e 'viaxaragusto'. Consellos dun profesional para que viaxar siga sendo un pracer, antes e despois da pandemia.

Noticias web

05/11/2020