A pandemia limita o contacto simultáneo do pai e da nai cos prematuros hospitalizados
Nos tempos previos á pandemia era habitual ver nas unidades de neonatoloxía as parellas acompañando os seus fillos. Pero coa chegada do virus cambiaron algo as cousas.
"Agora nalgunhas unidades entra o pai e sae a nai", di Rocío Búa, secretaria de AGAPREM.
Ese contacto segue sendo vital, e tamén o que as familias manteñen entre si para afrontar a incerteza. Por iso, neste Día Mundial do Prematuro, a falta dun contacto directo, os que xa superaron o transo apoian os que aínda están no hospital cos seus testemuños na Rede.
Pese que a pandemia non permite facer festa, nas unidades de neonatoloxía hai moito que celebrar. Na do hospital de Santiago por exemplo lograron que nesre ano ningún prematuro tivera enterocolite necrosante, cando a incidencia media no mundo é do 10%.
"E iso non cabe dúbida que se debe aos grandes avances tecnolóxicos, pero tamén a detalles sinxelos coma o banco de leite humana doada", di Luz Couce, xefa da Unidade de Neonatoloxía da área sanitaria de Santiago.