CRTVG

Buscar

A pandemia incrementa o traballo nas xestorías

Publicado o 04/10/2020 14:35

Dende o mes de marzo, nas xestorías están desbordados. Non só deben lidar cos trámites habituais senón con todos os derivados da situación social e económica que xerou a pandemia. Os ERTE, os cesamentos de actividade dos autónomos, os cambios na lexislación e as ampliacións de prazos están sobre a mesa. As novidades son case diarias, as dúbidas dos clientes multiplícanse e os profesionais deben actualizarse máis ca nunca.

A paralización da admnistración e as dificultades da xestión en liña incrementaron tamén o traballo dos asesores. Trámites habituais son máis complexos nun contexto novo, como é o dunha pandemia. 

Por iso, estes profesionais demandan anticipación e claridade nas normativas e unha resposta máis áxil da Adminsitración para poderen axudar os seus clientes a planificar no posible nunha situacion de tanta incerteza económica, sanitaria e lexislativa.

Noticias web

04/10/2020