A pandemia golpea máis forte que nunca na Arxentina
Publicado o 09/09/2020 16:25
Unha situación sanitaria gravísima e que podería ir a peor nos próximos días. Deste xeito definen os expertos o actual estado da pandemia na Arxentina, un país que tras case medio ano de confinamento non logrou baixar a curva de contaxiados por coronavirus.
Un drama que traspasou as fronteiras de Bos Aires ata chegar a provincias como Jujuy, Mendoza ou Río Negro, onde están ocupadas a maioría de camas de terapia intensiva. Por todo isto, a Sociedade Arxentina de Investigación Clínica lanzou unha advertencia para extremar os coidados e non confiarse.
Unha proclama que tamén subscribiu o presidente arxentino. De feito, cada vez hai máis voces no país que piden volver a un confinamento máis estrito para controlar o ritmo de contaxios.