A pandemia fai aumentar as operacións de estética
Publicado o 20/01/2021 21:33
"Houbo un aumento exponencial das técnicas de estética". O doutor Valdés apunta un motivo principal: "A necesidade que ten a xente, nos tempos de crise, de se sentir mellor a través dunha mellora do seu aspecto físico".
Ese aumento das intervencións percibiuse cando reabriron as clínicas de estética logo do confinamento, ese tempo en que moitos mudaron a súa relación co espello e coas videochamadas. Ademais, o teletraballo e non saír da casa disimulan postoperatorios. Tamén a máscara, esa prenda que subliña o poder da mirada... ou do terzo superior da cara.