CRTVG

Buscar

A pandemia evidencia que as vivendas en España non están adaptadas

Publicado o 29/05/2020 17:05

O confinamento puxo en evidencia que a maior parte das nosas casas non están preparadas para o século XXI.

Segundo os expertos, o problema é a ausencia dunha cultura do mantemento das vivenda que nos coloca á cola de Europa neste aspecto.

Paradoxalmente, a propia pandemia podería acelerar un cambio de normas para subsanar moitas das deficiencias das nosas edificacións en accesibilidade, illamento, ventilación e falta de espazos exteriores.

"Isto ten que cambiar porque realmente a cidade está moi construída, pero nesta cidade moi construída aínda vemos que hai algúns problemas en moitas das vivendas, e iso vai cambiar se apostamos pola rehabilitación".

Os expertos coinciden en que, a curto prazo, o interiorismo pode axudar a mellorar o benestar doméstico redistribuíndo os mobles para crear espazos flexibles que poidan transformarse.

"Haberá sistemas de mobiliario que permitan iso, que durante o día un cuarto teña unha cama e tal, pola noite levántase e convértese nun despacho. E a sala de estar que ten unha configuración durante o día e se despraza totalmente e pola noite é outra cousa".

Auguran que haberá máis balcóns, terrazas e galerías que nos conecten ao exterior, e espazos comunitarios, como hortos urbanos e azoteas, con áreas infantís.

Noticias web

29/05/2020