A pandemia estabilízase en España tras sumar 4.962 casos e 141 mortes
Publicado o 16/03/2021 18:53

O Ministerio de Sanidade volveu a notificar un lixeiro descenso da incidencia acumulada por cada 100.000 habitantes en 14 días, que se sitúa en 127,8, un punto menos que onte e en niveis similares a mediados de agosto, mentres que informou de 141 falecidos máis nas últimas 24 horas. Ademais, Sanidade informou de 357 falecementos nos últimos sete días (fronte aos 543 do pasado martes para o mesmo período), co que a cifra total de decesos se eleva a 72.565 e a de contaxios a 3.200.024, con 4.962 novos positivos.
As comunidades tamén reportaron unha pequena redución da ocupación das UCI, onde hai 2.037 enfermos e a presión é do 20,2%. O número total de hospitalizados por covid é de 8.348, un 6,6 %.