A pandemia está a ocasionar atrasos na diagnose e tratamento do cancro infantil
O 15 de febreiro é o Día Internacional do Cancro Infantil. As asociacións de familias afectadas aseguran que a pandemia provocou reaxustes no sistema sanitario que están ocasionando problemas na diagnose e no tratamento dos menores con cancro.
"Unha mellor supervivencia é posible" é o lema da conmemoración deste ano. Porque unha diagnose de cancro nun neno ou adolescente desencadea un impacto na súa vida e na da súa familia que vai requirir intervención mais aló do ámbito estritamente médico e sanitario.
A Federación Española de Nenos con Cancro realizou un estudo para comprobar o impacto que a covid-19 podía estar tendo nos pacientes pediátricos con cancro e nas súas familias. O informe alerta de que durante a pandemia, as probas e tratamentos dun 30 % dos menores víronse afectadas en forma de atrasos ou cambios.
Durante o ano 2020 diagnosticáronse en Galicia 71 novos casos de cancro infantil. As asociacións de familias afectadas reclamanlle á administración que destine recursos para a investigación, porque unha diagnose temperán significa máis esperanza e calidade de vida.