CRTVG

Buscar

A pandemia deixa xa máis de 116.000 mortos e 2,11 millóns de contaxios nos EUA

Publicado o 16/06/2020 08:00
A pandemia deixa xa máis de 116.000 mortos e 2,11 millóns de contaxios nos EUA

Os Estados Unidos alcanzaron este luns a cifra de 2.111.622 casos confirmados de COVID-19 e a de 116.090 falecidos, de acordo co reconto independente da Universidade Johns Hopkins.

O estado de Nova York mantense como o grande epicentro da pandemia nos Estados Unidos, con 383.994 casos confirmados e 30.856 falecidos, unha cifra só por baixo do Reino Unido, Brasil e Italia.
Tan só na cidade de Nova York morreron 22.124 persoas.

A Nova York séguenla a veciña Nova Jersey con 167.103 casos confirmados e 12.708 falecidos, Massachusetts con 105.745 contaxios e 7.647 decesos e Illinois, que reportou 133.016 positivos por coronavirus e 6.326 mortos.

Outros estados cun gran número de falecidos son Pensilvania con 6.243, Michigan con 6.018,  California con 5.104 ou Connecticut con 4.204.

O foco da pandemia nos Estados Unidos desprazouse agora da golpeada Costa Leste aos estados do sur que iniciaron máis cedo a reapertura económica e social e tamén a California, que conta xa con 153.407 contaxios.