A pandemia condiciona outro ano máis a Semana Santa de Viveiro
A pandemia condiciona tamén este ano unha das semanas santas máis coñecidas, multitudinarias e antigas de cantas hai en Galicia.
As restriccións impiden a celebracion das procesións polas rúas de Viveiro e as imaxes quedarán de novo no interior das igrexas, onde si haberá algunhas celebracións que se poderán seguir polas redes.
Ademais unha exposición fotográfica na Praza Maior e o decorado de moitos negocios tratan de recrear na medida do posible o ambiente desta Semana Santa de Viveiro, que ten as súas primeiras referencias documentadas no século XIII e que hoxe é un dos grandes reclamos turísticos.
A pandemia e as restriccións obrigan a celebracións máis recollidas e haberá que agardar para ver de novo a fieis e cofrades indo en procesión polas rúas de Viveiro