CRTVG

Buscar

A pandemia condiciona a compra de disfraces de Samaín

Publicado o 22/10/2020 13:52

Nas novas circunstancias hai un complemento que sempre nos acompaña. Xa forma parte do noso corpo e por que non adaptalo a cada época do ano.

Os empresarios do sector están a sufrir as consecuencias da pandemia. Reduciron moito a súa actividade pero tentan reinventarse. Agora na véspera do Samaín aproveitan unha pequena repunta na venda de disfraces infantís e de elementos decorativos para as casas.

Este ano, ante as limitacións da pandemia, poucos adultos mercaron disfraz, pero entre os que si o fixeron gaña o inspirado nun dos memes máis famosos do confinamento, o do baile do ataúde. 

Pouco se moveu este ano o mercado e, á falta de novos heróes, entre os pequenos triunfan os clásicos, zombis, vampiros e esqueletos. Personaxes terroríficos que, paradoxalmente, farán máis levadeiro un Samaín máis íntimo condicionado pola pandemia.

Noticias web

22/10/2020