CRTVG

Buscar

Sectores económicos que medraron impulsados pola pandemia

Publicado o 11/03/2021 15:28

Deixando de lado o sector farmacéutico e de fabricación sanitaria que son os claros vencedores da crise sanitaria, hai outros sectores que saen moi reforzados.

Carlota Sánchez-Montaña Puga, profesora de Finanzas en IESIDE: "Todo o comercio electrónico que tivo un impulso moi importante na venda on line. Isto fai que a loxística ligada ás plataformas do comercio electrónico foi exponencial o crecemento que tiveron. Tamén a aviación non tripulada en Galicia foi o sector que máis empresas creou durante a pandemia".

Os nosos hábitos de consumo cambiaron durante a pandemia o que beneficiou estes sectores.

Melchor Fernández Fernández, profesor de Fundamentos de Análise Económica da USC: "Houbo un cambio de hábitos de consumo, primeiro forzado porque non podiamos desprazarnos e despois porque unha vez que entramos e participamos, vemos que ten vantaxes".

Carlota Sánchez-Montaña Puga, profesora de Finanzas en IESIDE: "O máis relevante son as plataformas, as plataformas de contidos en streaming e para visualización, o 75 % da poboación española pagou por ver contidos".

Os expertos aseguran que estes cambios viñeron para quedar polo que as empresas deberán adaptarse para non quedar atrás.

Melchor Fernández Fernández, profesor de Fundamentos de Análise Económica da USC: "É importante predecir e anticipar esas situacións para modificar en moitos dos casos o seu obxectivo como empresa, ao mellor ten que modificar en gran parte isto".

Tamén o sector da automoción e o agroalimentario creceron grazas á innovación e tamén á internacionalización dos seus produtos.

Noticias web

11/03/2021