CRTVG

Buscar

A pandemia apaga o ambiente dos xoves universitarios en Santiago

Publicado o 06/11/2020 14:09

Din que unha imaxe vale máis ca mil palabras... e estas dun xoves calquera pola noite no Ensanche compostelán aló polos anos 90 distan moito do que veñen sendo nos últimos anos os xoves universitarios na capital. Daquela as rúas do Ensanche e da zona histórica ateigábanse de milleiros de estudantes que aparcaban por unha noite a luz dos flexos para entregarse á xolda ata o amencer.

O fenómeno do botellón tivo logo un efecto exterminador. Fin dun ciclo. Impúxose beber barato á intemperie e a estampa das noites dos xoves composteláns mudou. Nos últimos anos instaurouse outra tendencia: as festas nos pisos.

E falan en pasado porque chegou a pandemia e mudou todo. Estas imaxes foron gravadas onte mesmo no Ensanche. Recluídos cada un no seu piso e interactuando de balcón a balcón.

Para os acabados de chegar, as noites dos xoves aínda están por descubrir.

Entre estas dúas imaxes: 30 anos e unha pandemia.

Noticias web

06/11/2020