CRTVG

Buscar

A pandemia afecta as vendas de lotaría de Nadal, que baixan entre un 30 e un 50%

Publicado o 12/11/2020 15:06

Un paseo pola historia de España en que a lotería de Nadal sempre está presente. Tamén en 2020, o ano da pandemia, o ano en que o virus mudou case todo, menos a ilusión de compartir sorte cos que máis queremos.

Agardan que a mensaxe de superación e optimismo chegue a milleiros de fogares e logre animar as vendas. As restricións da pandemia fixeron que baixaran entre un 30 e un 50% no que vai de campaña.

Os números rematados en 20 están a ter especial tirón entre os que queren rematar con bo sabor de boca un ano para o esquecemento. E niso poden axudar os 2.400 millóns de euros que repartirá o sorteo o vindeiro 22 de decembro.



 

Noticias web

12/11/2020