CRTVG

Buscar

A Palma rexistra un sismo de 4,6 graos, o de maior magnitude ata o momento

Publicado o 16/10/2021 12:53
A Palma rexistra un sismo de 4,6 graos, o de maior magnitude ata o momento

Un total de 36 terremotos rexistráronse na illa da Palma desde o venres a medianoite, un deles de 4,6 graos, en Mazo, o de maior magnitude sentido ata o de agora desde que comezou a erupción do volcán.

Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional (IGN), este terremoto de magnitude 4,6 rexistrouse a 37 quilómetros de profundidade ás 4:41 horas. Pouco despois, ás 6:07, produciuse outro movemento de 4,5 graos na mesma zona e á mesma profundidade. O resto da sismicidade oscilou entre 3,1 e 2,3 graos de magnitude.

En Fuencaliente constatáronse 22 movementos, mentres que en Mazo foron 14 os movementos rexistrados polo IGN. Así mesmo, localizáronse dous sismos en Tenerife, un de 1 grao en Santiago del Teide a 5 quilómetros de profundidade; e outro en Guía de Isora de 1,7 a unha profundidade de 4 quilómetros.

Noticias web

16/10/2021