CRTVG

Buscar

A ourensá Raquel Carrera fai historia: número 15 do draft da WNBA

Publicado o 16/04/2021 09:29

• É a posición máis alta da historia conseguida por unha xogadora española

A ourensá Raquel Carrera fai historia: número 15 do draft da WNBA

Histórica noite para o baloncesto galego no Draft da WNBA 2021. Raquel Carrera, a gran protagonista das últimas semanas no noso baloncesto, foi elixida por Atlanta Dream no pick 15. A posición máis alta da historia conseguida por unha xogadora española.