CRTVG

Buscar

A ONU apadriña unhas marmeladas nacidas dos montes de Couso, en Gondomar

Publicado o 18/11/2019 14:40

Detrás destes frascos de marmelada, co 70% do froito cultivado neste monte de Couso, agóchase un novo modelo de produción para esta mancomunidade.

O seu proxecto iniciouse en 2015 para promover un desenvolvemento sostible do monte. O seu traballo tradúcese nesta marmelada que xa se pode mercar en 50 establecementos de Pontevedra, Ourense e A Coruña. Tamén en Internet. O ano pasado sacaron 1.500 frascos ao mercado, este ano será similar.

E seguiralle a marmelada de grosella e outros produtos que non quixeron desvelar, que sairán deste monte comunal. Un proxecto con distintivo europeo para poñer en valor o monte dende unha perspectiva sostible e máis rendible.

Dende que iniciaron a recolección hai tres anos, a súa produción triplicouse. A demanda marcará os ritmos de fabricación desta mancomunidade que agarda que este proxecto lles permita xerar novos postos de traballo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/11/2019