CRTVG

Buscar

A Orquestra Sinfónica Infantil dá o Concerto de Reis no Teatro Colón

Publicado o 04/01/2019 21:52

Emoción e nervios entre as rapazas e rapaces da Orquestra Sinfónica Infantil. Afinan os seus instrumentos de corda no seu último ensaio antes de enfrontarse ao público do Teatro Colón no Concerto de Reis en que interpretarán a Corelli e Schumann. O grupo de maiores da Sinfónica Infantil está formado por preto de 50 menores de entre 9 e 15 anos.

Xunto os grupos de maiores e de pequenos da Orquestra Infantil, o concerto de Reis no Colón contou coa actuación dos Nenos Cantores e do Coro Xoven. Todos forman parte do proxecto 'Son do futuro' da Orquestra Sinfónica de Galicia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/01/2019