CRTVG

Buscar

A orixe da contaminación da auga en Corme podería deberse a un problema na rede de augas residuais

Publicado o 02/10/2019 20:28

Dous informes encargados polo Concello de Ponteceso e a concesionaria do servizo de auga achegan a posible causa da contaminación da auga en Corme. Segundo a Consellería de Sanidade, hai un punto da rede de augas residuais en que falta unha válvula antirretorno. Isto fai que nalgúns momentos estas augas poidan mesturarse coas da traída. 

Antón Vidal, presidente da asociación de veciños Eduardo Pondal: "O principal é que se atopou o foco de onde viña. Despois, a asociación de veciños puxo á disposición da xente un bufete de avogados para pedir responsabilidades. Houbo moita xente malísima e haberá que solucionalo dalgunha maneira".

Dende o Concello din que é cedo para tirar conclusións definitivas. Eles contrataron unha auditoría externa que traballa para aclarar a orixe do problema. E xa anunciaron que acometerán unha reforma para modernizar a rede de abastecemento. Mentres tanto, os veciños seguen sen poder consumir auga da billa. Continúan as análises diarias da auga e tamén a repartición de garrafas polas casas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2019